Friday 13 de September de 2024

O Concello cobrará o 100 % do IBI a Audasa, 44.753 euros máis que ata agora


O Concello de Oleiros procederá ao cobro do 100% do recibo do IBI á empresa Audasa, que ata o pasado ano se beneficiaba dunha bonificación do 95% por unha lei franquista do 1972 prorrogada ata o 2023 por decisión do Goberno central, baixo a presidencia de José María Aznar. Desta maneira, o Concello ingresará de Audasa 47.108,52 euros, fronte aos 2.355,43 euros que só podía recadar ata este ano.

“A empresa da Autopista do Atlántico que nos rouba os cartos cada vez que circulamos por ela non pagaba impostos por unha lei franquista e por unha decisión de Aznar no ano 2.000. Xa saimos varios concellos nesta liña e agardo que todos fagan o mesmo e recuperemos parte do que nos saca do peto esta empresa”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.